InicioTerra CháXermadeOfrecen formación a distancia aos adultos de Xermade

Ofrecen formación a distancia aos adultos de Xermade

O Ministerio de Educación e o Concello de Xermade din que estes cursos teñen validez oficial cun certificado emitido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Educación e o Concello de Xermade ofrecen, a través dos cursos da aula Mentor, formación a distancia aos adultos da localidade, co obxectivo de “promover a igualdade de acceso á formación e contribuír a reducir a fenda dixital”.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou que se trata “dunha gran oportunidade para as persoas que viven no medio rural, dado que lles permite acceder a unha formación de calidade, axustada á demanda laboral“.

Así mesmo, Rodríguez explicou que a aula Mentor está dirixida a maiores de 18 anos e conta cun catálogo de máis de 170 cursos clasificados por áreas formativas. O Concello de Xermade obtivo unha axuda de 4.000 euros para este propósito e a colaboración entre as dúas entidades asinouse o 2021.

Estes cursos teñen validez oficial e, unha vez superados, obtense un certificado emitido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. Así, o seu custo é de 24 euros mensuais e a duración depende do tempo que lle dedique cada estudante.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...