InicioSociedadeEn marcha a licitación do novo aparcadoiro gratuíto na contorna do HULA

En marcha a licitación do novo aparcadoiro gratuíto na contorna do HULA

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este martes que se abriu o proceso de licitación para crear un novo aparcadoiro gratis na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) con 340 prazas.

Segundo indicou o Concello nun comunicado, o recinto ocupará dúas parcelas que, no seu conxunto, suman 11.510 metros cadrados. Así, sinalou que “coa premisa de maximizar o seu rendemento, a intervención procurará, na medida do posible, alterar de forma mínima o perfil topográfico do terreo”.

Deste xeito, os labores de acondicionamento terán un prazo de execución de catro meses e suporán un investimento municipal de 193.946 euros.

En relación aos accesos a esta área, Méndez avanzou que “se procurará unha entrada polo extremo Norte, a partir da vía asfaltada, colocando filas dobres de aparcadoiro en batería paralelas á rúa Doutor Ulises Romeu”.

Así mesmo, a rexedora local adiantou que o Concello solicitará unha autorización para colocar cámaras de vixilancia tanto no actual aparcadoiro como no que se construirá, co obxectivo de incrementar a seguridade.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...