InicioSociedadeO alcalde da Fonsagrada "afónico" tras estar a "cantar e celebrar coa...

O alcalde da Fonsagrada “afónico” tras estar a “cantar e celebrar coa xente” o Gordo

Carlos López di que a "choiva" de millóns vai ser positiva para a economía do concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde da Fonsagrada, Carlos López, aínda “afónico”, confía que a “choiva de millóns” que deixou o Gordo da lotaría de Nadal, 180 millóns de euros, repercuta no municipio.

Un día despois confesou que a afonía lle vén de “cantar e de estar coa xente”. Xa a xornada deste venres vívea con máis “tranquilidade”. “O día despois vén máis tranquilo. Os veciños están moi contentos. Agora toca esperar que esta choiva de millóns repercuta na Fonsagrada”, celebrou.

Carlos López puxo de manifesto que os veciños están “encantados” e que moitos deles tratan de pescudar a quen lle “tocou”. “Tocase ou non tocase, todos estamos moi contentos”, subscribe o alcalde.

O rexedor fonsagradino augurou que “o tema da vivenda vai subir en canto á compra de pisos, isto vaise a traducir en ingresos para a localidade, ademais da publicidade que se deu da Fonsagrada”. Neste municipio da montaña de Lugo, de pouco máis de tres mil habitantes, vendéronse 45 series do primeiro premio, o 5.490, que se traduce en 180 millóns de euros.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...