InicioSociedadeEl Gordo deixa 180 millóns "moi repartidos" na Fonsagrada para arrincar o...

El Gordo deixa 180 millóns “moi repartidos” na Fonsagrada para arrincar o ano “cunha forza tremenda”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pequena localidade da Fonsagrada, situada na montaña lucense e con pouco máis de 3.500 habitantes, foi este xoves uno dos epicentros do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, cun ‘Gordo’, o 5490, que deixou 180 millóns neste municipio.

Foi a única administración da Fonsagrada, situada na Avenida de Galicia, a que despachou, “por portelo”, os 450 décimos deste número que han ido a parar alí e que están, ademais, “moi repartidos”, segundo dixo o responsable do establecemento.

Ata o lugar achegáronse veciños para brindar pola noticia. Entre eles, catro agraciados co premio, veciños da localidade. Unha delas contou aos medios que o décimo, dotado con 400.000 euros, foi un agasallo dun amigo, e augurou que haberá moitos veciños entre os compradores do número, así como peregrinos, dado que polo municipio pasa o Camiño de Santiago.

O alcalde, Carlos López, aínda que confesou que non adquiriu o número, non dubidou en desprazarse tamén ata a administración en canto coñeceu a noticia, pola que felicitou aos responsables deste establecemento.

Visiblemente emocionado, Carlos López asegurou que se trata “dunha moi boa noticia, o terminar un ano bo en todos os sentidos, turístico e económico, para A Fonsagrada e empezar o 2023 cunha forza tremenda”. Esta non é a primeira vez que a sorte sorrí a esta pequena localidade, na que xa caeu unha serie enteira do segundo premio do Sorteo de Nadal de 2019.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...