InicioSociedadeColapso no centro de saúde de Fingoi, onde cada médico atende a...

Colapso no centro de saúde de Fingoi, onde cada médico atende a 200 pacientes ao día

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os traballadores do centro de saúde da cidade de Lugo, en Fingoi, atenden sobre “150 a 200 pacientes” ao día, ademais duns vinte desprazamentos para a Atención a Domicilio, segundo denuncia o sindicato de enfermaría Satse.

En concreto, o delegado de Satse en Lugo, Manuel Veiga, sinalou que “nunha garda de 17 horas, aténdense sobre 150 ou douscentos pacientes“. “Pero xa non só é o número de pacientes, se non tamén que hai que ver que igual temos que acudir a vinte domicilios”, engadiu.

“A dispersión xeográfica é importante e igual temos que ir ver pacientes que viven preto de Friol, co que un equipo de médico e enfermeira desprázase e pode estar tranquilamente dúas ou tres horas fóra do centro“, pormenorizou.

Manuel Veiga tamén certificou que a espera no devandito centro de saúde adoita “oscilar entre as dúas e o tres horas” para unha consulta.

Desde Satse insístese en denunciar a “sobresaturación dos servizos de urxencias”, que atribúen á “falta de médicos e persoal de enfermaría”. Diso, culpan á desatención da Dirección Médica e de Enfermaría e non descarta pedir a súa dimisión.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...