InicioTerra CháBegonteMedio século do belén de Nadal electrónico en Begonte que terá...

Medio século do belén de Nadal electrónico en Begonte que terá unha edición que se inaugurará este venres

Unha antiga escola dá acubillo a unha mostra composta por máis de cen pezas, a maioría delas en movemento, e que conta cunha tradición de medio século desde o seu nacemento en 1972 baixo a iniciativa do párroco José Domínguez Guizán e de José Rodríguez Varela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O belén electrónico de Begonte cumpre medio século nunha edición que será inaugurada este venres e que poderá visitarse desde o sábado ata o 28 de xaneiro.

Unha antiga escola dá acubillo a unha mostra composta por máis de cen pezas, a maioría delas en movemento, e que conta cunha tradición de medio século desde o seu nacemento en 1972 baixo a iniciativa do párroco José Domínguez Guizán e de José Rodríguez Varela.

O vicepresidente da asociación que organiza cada ano o belén e que leva o nome do seu promotor, Xulio Xiz, lembrou que o 50 aniversario é unha efeméride que desexan “celebrar ao grande”.

Por iso, antes da súa apertura ao público xeral, este venres terá lugar unha inauguración oficial á que está previsto que acuda o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

A partir do sábado poderá visitarse en horarios de mañá –de 11,00 a 13,00 horas– e de tarde –de 16,00 a 19,00 horas–. As visitas durarán uns 15 minutos, “con grupos de sesenta ou setenta persoas”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...