InicioSociedadeRescisión do contrato para renovar as redes de auga na urbanización Grupo...

Rescisión do contrato para renovar as redes de auga na urbanización Grupo La Paz

A empresa acumulaba "continuados incumprimentos"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concello de Lugo anunciou o inicio do procedemento para rescindir o contrato á empresa adxudicataria das obras de renovación das redes de abastecemento e saneamento no Grupo La Paz, urbanización situada no barrio de Fingoi, ante “os continuados incumprimentos da empresa“.

O tenente de alcalde e portavoz municipal, Miguel Fernández, explicou, despois da xunta de Goberno local, que, segundo os informes que figuran no expediente, Proyecon Galicia S.A. foi interpelada en numerosas ocasións pola Administración local “para que corrixise deficiencias observadas na execución dos traballos, sen que en ningún caso actuase para emendalas”.

Deste xeito, Fernández subliñou que “non se iniciou a obra ata agosto, tres meses despois de formalizar a acta de comprobación” e que o prazo “debería ser ao día seguinte da firma, que tivo lugar o 6 de maio”. Así, a empresa dispón de 10 días para presentar as alegacións que estime oportunas, ante a decisión do Concello.

Nesta liña cuantificou que, tres meses despois de iniciarse a intervención, a empresa “só executou o 6,53 % do importe total previsto de 514.110 euros”. Ademais, resaltou que o persoal técnico está a elaborar un novo estudo de custos para “cuantificar actuacións pendentes e que se inicien coa maior celeridade posible”.

O Concello sinalou nun comunicado que esta intervención quere “pór fin ás avarías derivadas de que as conducións sexan de fibrocemento“, xa que esta sustancia é “moito máis sensible aos contrastes climatolóxicos”.

ÚLTIMAS

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...

A Xunta declara como proxecto industrial estratéxico a construción da planta de biometano no polígono do Ceao

O Consello da Xunta aprobou este luns a declaración como proxecto industrial estratéxico a construción dunha...

Incendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá...

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...