InicioSociedadeTransportistas avisan que seguirán pasando por Pedrafita aínda que neve, pese ao...

Transportistas avisan que seguirán pasando por Pedrafita aínda que neve, pese ao desvío pola N-120

A asociación lucense do transporte Aetram critica que "serían 70 quilómetros pola 120, que para nós é un camiño de cabras".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da asociación lucense do transporte Aetram, Diego Arias, avisou este venres de que os transportitas seguirán pasando por Pedrafita do Cebreiro, pese ao desvío pola Nacional 120 que pretende habilitar o Goberno central para cando neve, tras o colapso do viaduto do Castro na A-6.

Diego Arias afeou que sigan “sen ter noticias da administración”. “Porque nós non estamos dispostos a dar a volta pola Nacional 120, e seguimos sen ter noticias por parte do Goberno central de cal vai ser a solución”, esgrimiu.

Se seguirán pasando por Pedrafita, rexeitando a outra opción tras a derruba do viaduto do Castro na A-6, porque, ao seu xuízo, “é unha perda de diñeiro máis grande”.

“Serían 70 quilómetros pola 120, que para nós é un camiño de cabras. Esa estrada está moi mal. Por aí non podemos ir porque sería un consumo, a maiores, de combustible de cen a 150 euros por viaxe, ademais dunha hora ou unha hora e media máis de tempo perdido”, indicou.

Arias anunciou que seguirán “presionando” ao Goberno, dado que, reiterou: “Non nos podemos permitir ir pola Nacional 120”.

Outro aspecto no que incidiu é a “espera” que teñen agora os transportistas para comprar un camión, de ata un ano e o encarecemento de 15.000 euros que lles supón agora adquirir un vehículo. Diego Arias constatou que na provincia de Lugo operan “sobre 1.000 empresas do transporte”, que sumarían “máis de 3.000 camións”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...