InicioSociedadeTransportistas sosteñen que o novo desvío da A-6 en Pedrafita "non é...

Transportistas sosteñen que o novo desvío da A-6 en Pedrafita “non é viable para camións”

Aetram estima que "se poden producir atrasos de ata vinte minutos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación de transportistas Aetram sostén que o novo desvío habilitado na A-6 en Pedrafita do Cebreiro tras o colapso do viaduto do Castro “non é viable”.

O presidente de Aetram, Diego Arias, asegurou que o paso aberto o pasado sábado “non é viable para camións e á vista está que aos camións está a custarlles moito esa subida tan forte”.

Así, alertou de que no inverno van ter problemas, “sobre todo cando empece a chover forte”. “Vai haber problemas porque os camións non van dar subido. Ademais, arriba de todo hai unha rotonda, polo que os que saímos á autovía temos que esperar porque teñen preferencia os que veñen de Pedrafita”, subliñou.

Nesta mesma liña, Arias insistiu en que “vai ser un caos” e, engadiu, “o camión que quede na subida non vai dar arrincado”. O empresario lucense estimou que, a pesar do novo desvío, “se poden producir atrasos de ata vinte minutos, ademais do que supón ascender por esa subida en canto ao gasto en combustible”.

“De todos os xeitos o que máis nos preocupa son os atascos que se van a formar aí porque vai ser moito peor que co antigo desvío”, concluíu o presidente de Aetram, Diego Arias.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...