InicioSociedadeDown Lugo amplía as instalacións para a axeitada atención do cento de...

Down Lugo amplía as instalacións para a axeitada atención do cento de usuarios

A asociación Down Lugo adquirirá o local anexo con fondos da Deputación, unha achega de 30.000 euros que permitirá practicamente dobrar a superficie da sede

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Down Lugo asinou un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo para ampliar as súas instalacións, que empregan acotío un cento de usuarios. A achega do goberno provincial, de 30.000 euros, permitirá a adquisición dun local anexo, ata case dobrar a superficie da sede da rúa Miguel de Cervantes.

O acordo selouse coa sinatura da presidenta de Down Lugo, María José Blanco Freire, e mailo presidente da Deputación, Darío Campos. Trala compra do inmoble lindante, a asociación pasará a dispor de 378 metros cadrados, superficie que case dobra á precedente. Esta mellora é crucial para ofrecer en condicións os servizos de asesoramento, formación ou logopedia.

Nas instalacións actuais aténdese a preto de cen usuarios procedentes de diversos concellos lucenses, dende cativos de catro anos a adultos de sesenta e un. Realizan a atención catorce especialistas: dúas psicólogas, dúas pedagogas, dúas diplomadas en maxisterio, dous logopedas e cinco educadores sociais.

Colaborando con Down Lugo

A Deputación adica a Down Lugo outros 12.000 euros para o desenvolvemento dun plan de autonomía persoal, co obxectivo de que os usuarios teñan unha vida fóra dos fogares máis independente. A Asociación Síndrome de Down de Lugo é unha entidade sen ánimo de lucro con ámbito de actuación provincial, que axuda a persoas co síndrome e ás súas familias. A fin da organización é a promoción e realización das actividades que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas con Down, a través da súa plena integración social.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...