InicioSociedadeProhibido encher piscinas e regar en Xermade polo escaso caudal dos mananciais

Prohibido encher piscinas e regar en Xermade polo escaso caudal dos mananciais

O Concello sinala que xa hai veciñanza á que lle secaron os pozos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Xermade emitiu un bando onde prohibe encher piscinas, a rega e o lavado de coches, polo escaso caudal que presentan os mananciais.

O alcalde, Roberto García Pernas, constatou estas restricións que xustifica porque “os mananciais baixaron moito e escasea a auga”. “Non é que esteamos en risco extremo, de momento”, matizou. “Os mananciais van moi baixos. Estamos con pozos bombeando para os depósitos. Hai que ser prudente e ter coidado para que non haxa unha escaseza total”, expresou.

Neste sentido, García Pernas advertiu que, de persistir a “seca, a cousa pode ser crítica para a maioría dos municipios”. “Hai a algúns veciños que se lle secaron os pozos e achegámoslle auga co coche de bombeiros, auga da traída municipal para paliar ese problema”, apunta. En concreto, son “dous veciños”, aínda que previu que “proximamente haberá máis porque os mananciais están a baixar tanto que quedan sen auga nos pozos”.

Xermade é outro municipio da provincia de Lugo que impón as restricións ao consumo do ben líquido, como ocorre en Ferreira de Pantón, Taboada ou Monterroso, entre outros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...