InicioSociedadeCastro de Rei avisa nun bando municipal: "hai que restrinxir o consumo...

Castro de Rei avisa nun bando municipal: “hai que restrinxir o consumo de auga”

Admite a súa preocupación pola situación actual e advirte que a situación pode complicarse en setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Castro de Rei (Lugo) emitiu un bando municipal por mor da seca para evitar usos “indebidos” da auga, tales como baldeos, regas e lavados de vehículos.

“O que estamos a observar é que ben sexa nas captacións procedentes de mananciais, ou ben sexa nos ríos que abastecen os depósitos municipais está a baixar o nivel das augas e esta é unha medida preventiva”, explicou o alcalde, Francisco Balado.

O rexedor incidiu en que “o que se persegue é reducir o consumo de auga coa finalidade de evitar as restricións máis gravosas, como sería fornecer auga só unhas horas ao día”. “Queremos que se faga un uso o máis racional posible, para evitar o desabastecemento do concello”, puntualizou o alcalde de Castro de Rei.

En canto ao uso de camións cisterna, Balado constatou que “soamente temos algún caso puntual, en que teñen abastecemento propio e leva un camión de auga”. “Falamos dun ou dous casos en todo o concello, que ten pouco máis de 5.000 habitantes e isto (levar auga) é moi excepcional”, subliñou.

Balado confesou que a súa “preocupación” non “é só pola situación actual” do municipio, senón “o que poida suceder, porque a seca cando máis afecta é no mes de setembro” e pódeno “pasar mal”.

“É unha medida na que pedimos aos veciños que reduzan o consumo e céntrese o uso da auga da traída nos usos prioritarios da auga”, concluíu o rexedor de Castro.

ÚLTIMAS

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Ferido un motorista tras chocar contra un coche en Lugo

Un motorista resultou ferido na tarde deste pasado mércores tras chocar contra un coche...