InicioPolíticaO PP de Muras critica a colocación da bandeira independentista nun edificio...

O PP de Muras critica a colocación da bandeira independentista nun edificio público

Os populares aseguran que se trata dun "acto ilegal", mentres o BNG os acusa de "querer polemizar".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do PP de Muras, en Lugo, criticou a colocación dunha bandeira galega independentista, a coñecida como ‘estreleira’, nun edificio público como é a casa de Rouco. Ante iso, o alcalde da localidade, Manuel Requeijo, destacou que a denuncia se trata dunha estratexia “para facer ruído”.

O rexedor trasladou a Europa Press que o edificio está cedido á ONG ‘Ecos do Sur’, que axuda a persoas inmigrantes. A asociación emprende a iniciativa ‘Habita rural’ para dotar de fogar a persoas estranxeiras sen recursos, e a casa de Rouco funciona como espazo habitacional.

Manuel Requeijo indicou que a bandeira foi colocada por un dos mozos que habitan no centro. “Se quitamos a bandeira, iriamos en contra da liberdade de expresión da xente que vive alí”, sinalou.

Por outra banda, o líder do BNG en Muras desvelou que o PP ten coñecemento da iniciativa levada a cabo no inmoble. “Teñen ganas de polemizar e sacar as cousas fóra de lugar“, concluíu o alcalde.

DENUNCIA DO PP

Pola súa banda, a portavoz do Grupo Municipal do PP en Muras, Eugenia Requeijo, afirmou este mércores que a situación se trata dun “acto ilegal”. “Non podemos permitir que nun edificio público pasen estas cousas”, agrega. Ante isto, a popular subliñou a “necesidade” de que o alcalde manteña unha postura “neutral”.

A oposición amparou a denuncia na lei 39/1981, artigo 4, do 28 de outubro. Esta norma –que regula o uso de bandeiras en España– considera ilegal a colocación de bandeiras non oficiais en concellos, deputacións ou calquera outra corporación pública.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...