InicioSociedadeMulleres en Igualdade de Lugo reclaman máis baños e máis seguridade para...

Mulleres en Igualdade de Lugo reclaman máis baños e máis seguridade para A Maruxaina

Arremete contra "a lentitude" da xustiza dado que tres anos despois das gravacións ilegais aínda non declararon todas as testemuñas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Asociación Mulleres en Igualdade de Lugo reclamou que se dote de “máis baños” e máis seguridade e persoal de vixilancia para a festa da Maruxaina, que se celebra no mes de agosto en Cervo.

Unha reivindicación que se produce tras o sucedido fai case tres anos, cando máis de cen mulleres foron gravadas na vía pública mentres ouriñaban e algunhas destas imaxes foron posteriormente expostas en portais pornográficos. Os feitos están a ser investigados no ámbito xudicial.

A presidenta de Mulleres en Igualdade, María del Mar Fraga, tras pedir máis baños e seguridade para A Maruxaina deste ano, lembrou que tanto o Concello de Cervo, como a Subdelegación do Goberno “mostráronse dispostos a mellorar a seguridade, pór tamén máis servizos públicos”. “Hai que pór máis vixilancia, e este ano van tamén os chamados puntos violeta para asesorar ás mulleres e estar vixiantes para que isto non se volva a repetir”, subliñou.

AÍNDA QUEDAN UNHA VINTENA DE DECLARACIÓNS PENDENTES

Das declaracións das vítimas ante o xulgado en Viveiro, María del Mar Fraga constatou que quedan “sobre vinte” das máis de 100 que foron obxecto destas gravacións ilegais. “Onte e antonte estaban a declarar mulleres que se atopan no estranxeiro por videoconferencia e as que se atopan en distintos puntos de España que por un motivo ou por outro non poden declarar presencialmente”, acreditou.

Ao tempo, arremeteu contra “a lentitude” da xustiza dado que tres anos despois estase en aínda en fase de tomar declaración ás afectadas.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...