InicioSociedadeXa hai nove mortes nas estradas lucenses no que vai de ano,...

Xa hai nove mortes nas estradas lucenses no que vai de ano, dous máis que en 2021

A DGT prevé 1,5 millóns de desprazamentos nas estradas da provincia de Lugo este verán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A próxima semana, do 4 ao 10 de xullo, a DXT porá en marcha unha campaña especial que centrará a atención na vixilancia da velocidade excesiva e inadecuada, xa que “segue sendo un factor clave na seguridade viaria e, por desgraza, na sinistralidade con vítimas, sobre todo nos accidentes mortais e con feridos graves”.

Ata o 29 de xuño, rexistráronse nas vías interurbanas da provincia un total de nove vítimas mortais, cifra superior ás seis contabilizadas o ano pasado na mesma data. Ademais, no que vai de ano tamén resultaron hospitalizadas 19 persoas e 138 feridas de menor gravidade en Lugo, por enriba dos 11 feridos hospitalizados e 118 menos graves do ano pasado a estas alturas.

EXCESO DE VELOCIDADE

Así mesmo, a Subdelegación destacou que o exceso de velocidade estivo presente no 45% dos accidentes mortais rexistrados no ano 2021, unha cifra superior aos anos anteriores e tamén ao conxunto de Galicia (18%) e de España (25%).

No que vai de 2022, o exceso de velocidade detectouse no 22% dos nove accidentes mortais. É o segundo factor en importancia por detrás das distraccións, responsables do 33%.

Por iso, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil controlará especialmente aqueles tramos de risco asociado á velocidade, así como aqueles puntos onde existe un elevado índice de sinistralidade.

sinistralidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...