InicioSociedadeLugo é a provincia galega con menos crecemento da natalidade

Lugo é a provincia galega con menos crecemento da natalidade

O descenso foi o máis acusado, -6,52 por cada 100.000 habitantes o pasado ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A poboación galega diminuíu en 5.319 persoas en 2021 debido a rexistrar un saldo vexetativo (nacementos menos defuncións) de -18.057 habitantes, quedándose nos 2.691.557 galegos a 1 de xaneiro de 2022.

Segundo datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press, Galicia rexistrou o ano pasado -18.057 mortes máis que nacementos. Con todo, o saldo migratorio exterior foi positivo, con 9.116 persoas, do mesmo xeito que o interior, con 3.747 persoas. Isto permitiu ao país pechar o 2021 con só 5.319 habitantes menos.

Desta forma, Galicia diminuíu un 0,20% a poboación, a diferenza que a media de toda España, onde os habitantes creceron un 0,07%, é dicir, en 34.110 persoas máis.

A nivel estatal, España pechou 2021 nos 47.432.805 habitantes, cun saldo migratorio positivo de 148.677 persoas, que compensou o saldo vexetativo negativo de 113.023 habitantes. Murcia (+0,63%), Comunidade Valenciana (+0,50%) e Canarias (+0,36%) experimentaron os maiores crecementos de poboación. No lado contrario atopáronse Aragón (-1,14%), Ceuta (-1,18%), Melilla (-0,98), Asturias (-0,66%) e Estremadura (-0,44%).

DATOS POR PROVINCIAS GALEGAS

Con todo, Galicia perdeu en 2021 case dous de cada 100.000 habitantes (-1,98), sendo as provincias de Lugo e Ourense onde o descenso foi máis acusado, -6,52 e -3,44, respectivamente. O resto de provincias tamén perderon poboación, pero en menor medida (A Coruña, -1,40 e Pontevedra -0,62 por cada 100.000 habitantes).

Todo iso despois de que o saldo vexetativo fose tamén negativo en todas as provincias. En concreto, en Ourense só naceron 297,83 bebés por cada mil mortes, mentres que en Lugo este dato foi de 323,24 nenos. Na Coruña, 475,71 bebés e en Pontevedra, 552,99 criaturas.

A media da poboación galega en 2022 é de 48,01 anos, superior a 2021, cando ese dato se situaba nos 47,74 anos. Por sexos, os homes teñen de media 46,38 anos e as mulleres 49,53 anos. Pola súa banda, o índice de envellecemento, que expresa o cociente entre as persoas de 65 anos ou máis entre as persoas menores de 15 anos, foi do 309% en Ourense, e do 278% en Lugo. Na Coruña foi do 204% e en Pontevedra de case o 181%. Sobe en todas as provincias galegas respecto de 2021.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...