InicioSociedadeSeguen baixando os casos covid na provincia

Seguen baixando os casos covid na provincia

Aumentan lixeiramente os ingresos hospitalarios

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hospitalizados pola Covid-19 ascenden a 462 –supoñen 41 máis que o sábado, xa que o domingo non se actualizan os datos–, mentres que os casos activos descenden a 8.065 tras rexistrarse outros 907 contaxios durante o fin de semana. Pola súa banda, a taxa de positividade descende a un 27,6 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, mantéñense 23 pacientes en UCI pola Covid en Galicia desde o sábado –o domingo non se actualizan os datos– e ascenden a 439 os hospitalizados noutras unidades –41 máis–, mentres que 7.603 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, na de Lugo increméntanse a catro os pacientes Covid en UCI –un máis– e a 41 os doutras unidades –sete máis–.

CASOS EN DESCENSO

Os casos activos continúan en descenso no conxunto de Galicia e sitúanse en 8.065, que implican 928 menos que o sábado, ao haber máis altas (1.831) que contaxios (907), ao que se suman catro falecementos. O luns da semana pasada había 8.847 infeccións activas. O descenso é xeneralizado en todas as áreas sanitarias. En Lugo (-89) que queda só con 850 casos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...

O PSOE de Lugo esixe a Candia continuar co proxecto de praia fluvial nas Saamasas

O edil socialista Jorge Bustos esixe  a Candia que Lugo non perda os avances...

Reunión da Mesa Local de Comercio en Lugo depois de cinco anos desde a última convocatoria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión co presidente de la Federación...