InicioSociedadeVolven as fogueiras de San Xoán ao Concello de Lugo

Volven as fogueiras de San Xoán ao Concello de Lugo

As organizacións ou particulares interesados en organizalas poden acceder ás instancias na sede da Policía Local e solicitalas até o próximo xoves, 23 de xuño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo abriu este venres o prazo de solicitude para a celebración das cacharelas de San Xoán. Unha tradición que se recupera, logo de dous anos de pandemia e que a rexedora local, Lara Méndez, encadra na “volta á normalidade que nos está a permitir retomar costumes e festas que tiñamos adiadas, priorizando a saúde e a protección da cidadanía. Porén, tendo en conta que xa non hai as restricións de exercicios pasados, neste 2022 o Concello volverá conceder permisos con normalidade para que todas aquelas parroquias ou barrios do municipio que o desexen poidan festexar o Lume Novo”, sinalou.

As organizacións ou particulares interesados en organizalas poden acceder ás instancias na sede da Policía Local e solicitalas até o próximo xoves, 23 de xuño, segundo recolle o bando ditado pola Alcaldía. Un documento no que se indican as normas ás que deben axustarse as fogueiras e no que se contempla a prohibición da queima de rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como de materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos. Tampouco estará permitido lanzar foguetes.

Tal e como sinala o texto, os lumes deberán afastarse de localizacións nas que existan liñas eléctricas, inmobles, zonas verdes ou xardíns e tampouco poderán realizarse no Centro Histórico nin en emprazamentos que entrañen algún tipo de perigo para a poboación.

Ademais, as persoas responsables das mesmas deberán, á súa finalización, retirar do lugar da celebración todos os restos que queden unha vez rematado o evento coa advertencia de que, en caso de incumprimento dalgún destes termos, o Servizo de Extinción de Incendios, a requirimento da Policía Local, procederá a apagala de inmediato.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...