InicioSociedadeLugo loce un novo mural en prol da liberdade de expresión

Lugo loce un novo mural en prol da liberdade de expresión

A obra está realizada sobre o muro circular dun dos edificios da antiga Frigsa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

No parque da Milagrosa de Lugo xa loce o mural impulsado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, que homenaxea as mulleres xornalistas e a liberdade de prensa. A autora, a artista Xoana Almar, rematará na tarde deste luns os últimos detalles dunha obra que xa pode contemplarse con todas as súas características.

O mural, cuxa realización se encadra na terceira edición do festival de arte urbano Culturban e nas celebracións do Día Internacional da Liberdade de Prensa o pasado 3 de maio, reivindica o exercicio do xornalismo a través das figuras femininas, que representan tanto o peso maioritario das mulleres dentro da profesión como a necesidade de multiplicar as voces femininas nas informacións e romper os teitos de cristal dentro das redaccións. Ao mesmo tempo, Xoana Almar homenaxea coa súa obra o o xornalismo local como un alicerce esencial para a liberdade de información, que garante os dereitos de toda a cidadanía.

A obra está realizada sobre o muro circular dun dos edificios da antiga Frigsa, que alberga na actualidade a sede de Radio Taxi e a Unión de Radioaficionados de Lugo, no parque da Milagrosa. A súa presenza na cidade das murallas servirá como recordatorio do papel fundamental do xornalismo e da información na construción das sociedades democráticas, así como de estímulo para a consecución dunha profesión xornalística verdadeiramente igualitaria.

Xoana Almar formouse como ilustradora, economista e antropóloga. Estudou en Granada e alí comezou a traballar no eido da pintura a partir do 2008. No 2013 volve a Galicia e constitúe xunto a Miguel Peralta e Raquel Doallo a cooperativa Cestola na Cachola, onde traballa como muralista, pintora e ilustradora. No seu traballo hai influencias de diferentes nomes da pintura galega, tanto clásicos como actuais. A través das súas personaxes, maioritariamente femininas, sobresae unha busca de formas sinxelas coas que tenta expresar unha personalidade ou historia de vida.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...