Lugo aplica man dura contra os “gorrillas” e denuncia a cinco deles que actúan na contorna do HULA

Un gorrilla nun aparcadoiro público do HULA / mibrujula.com

A Policía Local de Lugo denunciou a cinco gorrillas por realizar a actividade ilegal de indicar estacionamentos na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) da capital luguesa.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, na mañá deste pasado 2 de maio estableceuse un dispositivo especial na contorna do HULA para o control “da actividade ilegal coñecida popularmente como gorrillas”.

Neste dispositivo participaron efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo co emprego de vehículo policiais camuflados. No marco do mesmo os axentes tramitaron cinco actas de denuncia por infracción á ordenanza de Circulación e ao Regulamento Xeral de Circulación ao sorprender a outras tantas persoas cando realizaban “a conduta de invadir a calzada para indicar estacionamentos a condutores”.

Esa actividade, matizan as mesmas fontes policiais, ocasionaba “molestias” e puña “en risco a súa integridade física”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here