InicioSociedadeLugo rexistra 18 hospitalizados por Covid na fin de semana

Lugo rexistra 18 hospitalizados por Covid na fin de semana

Baixan os casos activos pero seguen aumentando as hospitalizacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hospitalizados pola Covid-19 volven superar os 700 no conxunto de Galicia ao ascender a 745, que supoñen 70 máis que a xornada do sábado –xa que na do domingo non se actualizan datos–, dos cales 21 atópanse en UCI. Pola súa banda, os casos activos descenden a 16.581, que implican uns 1.400 menos, e a taxa de positividade segue moi alta, no 32,74 por cento, seis veces por riba do recomendado pola OMS.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, ascenden a 21 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas máis– e a 724 as ingresadas en unidades convencionais –68 máis–, mentres que 15.836 permanecen en seguimento nos seus domicilios.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en seis das sete e soamente se alivia na de Ferrol. Así, na de Lugo hai seis en críticos –un menos– e 83 noutras unidades –18 máis–.

BAIXAS OS CASOS ACTIVOS

Os casos activos cambian de tendencia e descenden no conxunto de Galicia ata os 16.581, que implican 1.406 menos que o sábado pasado, ao haber máis altas (3.443) que contaxios (2.039) nos últimos dous días, ao que se engaden dous falecementos.

descenso é xeneralizado no sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (-404), seguida da Coruña e Cee (-288) e Lugo (-197) que queda con 2.527 casos.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...