InicioSociedadeRábade, "capital mundial" do futbolín esta Semana Santa cun torneo estatal

Rábade, “capital mundial” do futbolín esta Semana Santa cun torneo estatal

Xa se anotaron "máis de 400 parellas", unha marca para este Máster.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O municipio de Rabade converterase esta semana Santa na “capital mundial” do futbolín debido á 23ª edición do Máster Nacional que se celebrará desde este mércores e ata o vindeiro domingo. O alcalde deste concello, Kiko Fernández Montes, resalta que esta edición é “especial” despois de dous anos sen que se puidese celebrar dito campionato por culpa da pandemia.

Xa se anotaron “máis de 400 parellas”, o que tamén é unha marca para este Máster que reunirá non só “xente de aquí, senón doutros lugares de España” e de fóra. “Era inimaxinable que se anotaron tantas parellas”, celebra Fernández Montes, que xa confesa que este ano el non participará.

En total disporase de 18 futbolíns, 12 deles que se instalarán no Pavillón Municipal e o resto no exterior, en concreto na zona da Peneira. Este torneo contempla distintas modalidades que o fan “único”, como “en parado, en movemento, ademais dun campionato feminino e tamén mixto”. “Hai moita variedade, que é o que distingue este campionato doutros”, conclúe o alcalde de Rábade.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...