InicioSen categorizarO perigo de enviar fotos espidos a descoñecidos

O perigo de enviar fotos espidos a descoñecidos

Xulgan a seis lucenses que extorsionaron a dúas persoas con publicar fotos súas espidas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo xulga o martes e mércores a seis persoas acusadas de extorsionar a dous veciños, aos que ameazaron con publicar fotos súas espidos se non lles daban diñeiro. Así mesmo, fixéronse pasar por grupos mafiosos que supostamente ameazaban a unha das vítimas para subtraer aos seus pais 58.000 euros.

Segundo recolle o escrito de acusación, os feitos remóntanse a 2013, cando o principal acusado presentou a outra das procesadas a un amigo, con quen ela estableceu conversa a través de Internet, “conseguindo que lle enviase fotos súas espida”. A instancia do acusado, primeiro ela e logo outra das procesadas, que tamén conseguiu fotos de espidos da vítima, pedíronlle varias cantidades de diñeiro a cambio de non facer públicas estas fotografías.

Posteriormente, tamén a instancias do principal procesado, outros dous acusados fixéronse pasar por prestamistas membros de grupos mafiosos aos que, segundo contara a vítima aos seus pais, debía diñeiro derivado de débedas de xogo e prostíbulos. Baixo ameazas, os pais da vítima entregaron aos acusados 58.700 euros, “que constituían case a totalidade dos seus aforros”.

Xa en 2017, o principal acusado coñeceu nun ximnasio a un home ao que presentou de novo a unha das súas amigas. A través da aplicación whatsapp, fíxose cunha foto súa espido para logo ameazalo reclamándolle diñeiro.

O Ministerio Público considera os feitos constitutivos dun delito continuado de chantaxe e dun delito de coaccións, sendo autor o principal acusado e cooperadores necesarios os outros cinco procesados. Para o primeiro pide unha pena de 10 anos de cárcere máis o pago dunha multa, mentres que para o resto pide penas entre os 7 e os 8 anos de prisión.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...