InicioSociedadeLugo contará cunha zona de baño no Miño semellante a "La Villete"...

Lugo contará cunha zona de baño no Miño semellante a “La Villete” de París

O Concello instalará vestiarios, mobiliario urbano e intervirá no parque infantil próximo para crear un espazo de ocio familiar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo contará este verán cunha zona de baño Pública no Miño. A Xunta de Goberno Local adxudicará este mércores a súa instalación á empresa Yacht Port Marinas S.L que disporá dun prazo de doce semanas para proceder á súa subministración. A actuación, cofinanciada pola Deputación Provincial, terá un custo de 304.920 euros.

A zona de baño estará ubicada en pleno cinturón verde da capital, a altura da Tolda de Castela. Unha localización que a rexedora Lara Méndez considerou idónea, logo das conclusións do estudo de alternativas elaborado e da batimetría realizada.  “Trátase dunha estrutura flotante, de 64 metros de lonxitude, baseada nun sistema modular, que terá carácter temporal xa que estará operativa tres meses ao ano, e que se destinará a zona de baño tanto para adultos como tamén para crianzas”, lembrou.

A dotación, inspirada no deseño da exitosa enseada de La Villete de París, estará composta por varias seccións. Por unha banda, unha estrutura superior, que servirá como zona de estancia, repouso e para acceso ás piscinas.

Estará construída mediante cubos flotantes debidamente ensamblados e aparafusados, o que lle conferirá unha gran flotabilidade e nulo risco para as persoas usuarias. E, pola outra, contémplase a creación de catro piscinas de distintas características, con superficies útiles de 1’20 m., 0’80 m., e dúas de 0’40 m., cumprindo así coas expectativas en canto a público infantil, xa que cada unha delas estará delimitada para un rango de idade determinado.

Por outra parte, o acceso a terra se realizará mediante unha pasarela, construída no mesmo material de cubos e que irá ensamblada conformando un todo homoxéneo, mentres que a zona de terra se acondicionará con laxas xa existentes nesa zona, de maneira que o impacto visual será nulo.

A Administración local contempla ademáis a dotación de vestiarios e aseos nas inmediacións para incrementar as prestacións da nova dotación que contará, igualmente, con servizo de socorristas. A maiores, o Concello proxecta a mellora do parque infantil sito nas proximidades, incrementando, así, o atractivo da contorna.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...