InicioSociedadeVolven subir os contaxios Covid na provincia de Lugo e superan xa...

Volven subir os contaxios Covid na provincia de Lugo e superan xa os 2.500

Houbo unha falecida o pasado 15 de marzo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia segue por terceira xornada consecutiva por encima dos 2.000 novos contaxios de Covid-19 tras repuntar a 2.153, que supoñen 78 máis que a xornada anterior, mentres que os hospitalizados ascenden a 386 –dez máis que o día pasado– e os casos activos rozan os 21.000 no conxunto de Galicia. Polo seu lado, a taxa de positividad baixa lixeiramente a un 13,7 por cento e as vítimas da pandemia suman catro falecementos.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 24 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas menos–, pero aumentan a 362 as hospitalizadas en unidades convencionais –12 máis–, mentres que 20.598 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o venres 11 de marzo– había 350 ingresados –27 deles en UCI–.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta na de Lugo onde segue un en críticos e soben a 39 os ingresados noutras unidades.

CASOS ACTIVOS

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 ascenden a 20.984, que supoñen 857 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (2.153) que altas (1.293), ao que se suman varios falecementos. Hai unha semana –o venres 11 de marzo– contabilizáronse 19.441 infeccións activas.

O aumento das infeccións activas é xeneralizado en todas as áreas coa de Lugo (+86) que ten xa 2.533 contaxiados.

FALECIDOS

As persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 3.169 despois de notificar este venres a Consellería de Sanidade outras catro vítimas, todas elas con patoloxías previas. En concreto, o pasado 15 de marzo faleceu unha muller de 89 anos na área sanitaria de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...