InicioSociedadeLugo arrinca a semana sen cambios nos pacientes covid dos hospitais

Lugo arrinca a semana sen cambios nos pacientes covid dos hospitais

O número de contaxiados segue por riba dos dous milleiros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrinca a semana na que o Sergas deixa de rastrexar os contactos estreitos dos casos positivos de Covid-19 cun aumento a 431 dos pacientes hospitalizados –cinco máis que a xornada anterior–, mentres que descenden a 1.371 os novos contaxios –266 menos– e a 16.725 as infeccións activas –case 300 menos–.

Con todo, o número de infectados é o dobre dos que había hai unha semana. O luns anterior, 28 de febreiro, había 830, a cifra máis baixa no que vai de ano. Pola súa banda, a taxa de positividade redúcese a un 11 por cento no conxunto de Galicia e as vítimas da pandemia soben a 3.127, ao sumar dous falecementos.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, por áreas sanitarias, a presión hospitalaria mantense sen cambios na de Lugo, con tres ingresados en UCI pola Covid e 42 noutras unidades.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 volven descender no arranque desta semana tras varios días en aumento na pasada e sitúanse en 16.725, que implican 298 menos que o día anterior ao haber máis altas (1.667) que novos contaxios (1.371), ao que se engaden dous falecementos. Así, en  Lugo hai un descenso de 105 casos e quedan con 2.002.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...