InicioLugo e contornaLugoA Xunta cualifica de "pioneira" a atención pediátrica diaria en Outeiro de...

A Xunta cualifica de “pioneira” a atención pediátrica diaria en Outeiro de Rei

A dotación chega logo de múltiples críticas polo desmantelamento da atención sanitaria no rural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou este mércores o Concello de Outeiro de Rei para supervisar o inicio da prestación de atención pediátrica de maneira diaria no centro de saúde deste municipio. En concreto, o Sergas iniciará en Outeiro de Rei un “proxecto pioneiro” que se concreta na dotación dunha enfermeira especialista en enfermaría pediátrica, que estará dispoñible para as familias da localidade todos os días no seu centro de saúde.

Esta profesional realizará atención pediátrica como a supervisión periódica do neno san e complementará a atención prestada pola pediatra que se despraza a este centro un día á semana, un modelo que o conselleiro destacou como interesante para mellorar a atención pediátrica en “un territorio disperso” como o galego e en “un contexto de carencia de pediatras”, explicou a Xunta.

O goberno galego “foi pioneiro en España” na creación das categorías de enfermaría especialista nos campos de enfermaría familiar e comunitaria ou enfermaría pediátrica a través do Decreto 81/2016. Este decreto permitiu contar desde o ano 2018 cunha lista de contratación temporal deste persoal e convocar un concurso-oposición de 18 prazas desta especialidade de enfermaría no ano 2019, que deu lugar a que 18 destas especialistas conten xa con praza en propiedade.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...