InicioLugo e contornaOuteiro de ReiPoñen en marcha un espazo de autorreparación en Outeiro de Rei para...

Poñen en marcha un espazo de autorreparación en Outeiro de Rei para apostar pola reciclaxe

Este espazo de autorreparación está localizado nunha nave do polígono industrial da localidade luguesa e conta cunha superficie útil de 60,26 metros cadrados distribuídos nunha soa planta e con altura suficiente para facilitar a entrada de vehículos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou a aposta do concello de Outeiro de Rei pola reciclaxe e a economía circular a través da posta en marcha dun novo espazo municipal para a autorreparación e o intercambio de obxectos e utensilios que foi financiado ao 80% pola Xunta con 30.000 euros.

Así, trátase dun espazo que permitirá recuperar utensilios depositados no punto limpo da localidade ou obxectos que outras persoas achegar á instalación para intercambialos por outros do seu interese, xa sexan mobles, roupa, pequenos electrodomésticos ou xoguetes.

Na súa visita deste luns, Vázquez lembrou que o obxecto do seu departamento é apoiar aos concellos en proxectos deste tipo e contribuír a unha mellor e máis ampla xestión dos residuos.

Este espazo de autorreparación está localizado nunha nave do polígono industrial da localidade luguesa e conta cunha superficie útil de 60,26 metros cadrados distribuídos nunha soa planta e con altura suficiente para facilitar a entrada de vehículos. Ademais, está situado á beira do punto limpo e con acceso directo ao mesmo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...