InicioA UlloaBaixan os casos covid en Lugo pero aumentan os hospitalizados

Baixan os casos covid en Lugo pero aumentan os hospitalizados

Hai cinco pacientes máis ingresados con covid, un deles na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 e os casos activos manteñen a tendencia descendente iniciada este pasado fin de semana en Galicia, con 4.337 positivos –un milleiro menos que o día anterior– e 71.376 infeccións –unhas 4.200 menos–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 629 –37 máis–. Pola súa banda, a taxa de positividad cae lixeiramente a un 19,6 por cento no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do domingo, aínda que descenden a 47 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –unha menos–, aumentan a 582 as hospitalizadas noutras unidades –38 máis–, mentres que 70.747 permanecen en seguimento no seu domicilio. Con todo, son en conxunto 19 ingresados máis que hai unha semana, cando había 610.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete. Na área de Lugo aumentan a sete os críticos –un máis– e a 60 os hospitalizados en unidades convencionais –catro máis–.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Por terceira xornada consecutiva os casos activos de Covid-19 seguen en descenso en Galicia e sitúanse nos 71.376, que supoñen 4.209 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (8.540) que contaxios (4.337), ao que se engaden varios falecementos. Hai unha semana, o luns 17 de xaneiro, había 72.573 infeccións activas.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas, coa de, Lugo (-355) e baixando xa aos 7.266 casos cativos.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...