InicioSociedadeLugo segue en plena sexta onda da Covid

Lugo segue en plena sexta onda da Covid

Baixan os hospitalizados pero seguen subindo os contaxiados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sexta onda seguen sen descender en Galicia. Os novos contaxios de Covid-19 volven aumentar en Galicia tras un par de xornadas en descenso ata os 6.619, que supoñen uns 1.900 máis, mentres que os casos activos soben aos 75.961 –uns 2.200 máis que o día anterior–. Pola súa banda, os pacientes hospitalizados por este coronavirus soben a 608 –seis máis– e a taxa de positividade increméntase lixeiramente a un 18,7 por cento no conxunto de Galicia. Unha situación que tamén é delicada na provincia de Lugo, onde aínda que baixan as hospitalizacións, aumentan os contaxios.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do martes, aumentan a 55 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas máis– e a 553 as hospitalizadas noutras unidades –catro máis–, mentres que 75.353 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana había un centenar de ingresados menos (508).

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria baixa na de Lugo, onde descenden a cinco o críticos –un menos– e a 49 os hospitalizados noutras unidades –catro menos–.

CASOS ACTIVOS

Os casos activos seguen en aumento no conxunto de Galicia e alcanzan os 75.961, que implican 2.273 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (6.619) que altas (4.344), ao que se engaden dous falecementos.

Por áreas sanitarias, os casos activos aumentan nas sete,  con Lugo (+188 contaxiados) sumando un total xa de 7.745 casos activos.

ÚLTIMAS

Luz verde a contratar as obras para desdobrar o tramo que concluirá a autovía que unirá Lugo e Sarria

O Goberno galego acordou, na súa reunión semanal, a aprobación da contratación por un...

Lugo estuda sancionar a concesionaria de extraescolares por falta de pagamentos

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo está a estudar posibles accións legais...

Lugo, en calma tensa pola crise do PSOE: o caso Tomé desata unha batalla aberta entre PP, BNG e socialistas

Lugo vive este luns unha xornada de calma tensa tras o estalido da crise...

Veciños de Parga e Guitiriz estoupan contra o Sergas polo recorte de médicos: de 5 facultativos a só 2 para 4.500 habitantes

Veciños das localidades lucenses de Parga e de Guitiriz concentráronse este luns diante da...