InicioSociedadeLugo segue con case medio cento de contaxios covid ao día

Lugo segue con case medio cento de contaxios covid ao día

Xa son 3.556 os contaxiados activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia chega ao final do ano 2021 con novas marcas en canto a datos covid: superando as 40.000 infeccións activas (41.800) e con máis de 5.000 contaxios nas últimas 24 horas por segundo día consecutivo (5.861). A taxa de positividade de PCR, ademais, dispárase e alcanza o 32,07%. Por contra, a presión hospitalaria diminúe lixeiramente, con 320 hospitalizados na Comunidade (un menos que na última xornada).

No que respecta ás novas infeccións, segundo os datos publicados este venres pola Consellería de Sanidade –recollidos ata as 18,00 do xoves–, a cifra de 5.861 implica bater a anterior marca de 5.718 casos deste mesmo xoves, 30 de decembro.

De todos os positivos notificados na última xornada, a área de Lugo, ten 486 contaxiados, o que deixa a cifra total dos casos activos en 3.556 (+407).

BAIXAN Os HOSPITALIZADOS

Se se observan as hospitalizacións, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabilizaba este xoves ás 18,00 horas, un total de 320 pacientes covid ingresados, un menos que o día anterior. De todos eles, 270 están en planta (un menos) e 50 en unidades de coidados intensivos (sen cambios).

A carga asistencial só se incrementa en dúas das sete áreas, en Ourense e A Coruña. En Lugo non se rexistran cambios e continúa con 15 pacientes en unidades convencionais e cinco en UCI.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...