InicioSociedadeLugo, a única área sanitaria na que baixan os hospitalizados pero seguen...

Lugo, a única área sanitaria na que baixan os hospitalizados pero seguen altos os contaxios

Os infectados coa covid superan xa os 2.100.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia ascendeu dunha maneira notable ata os 298 ingresados, que son 24 máis que unha xornada atrás. Iso si, os novos contaxios por coronavirus detectados nun día baixaron ata os 2.349, que son 429 menos que o día previo, aínda que hai que ter en conta que ao longo do fin de semana e das festas do Nadal diminuíron as probas realizadas.

No que respecta ás hospitalizacións, segundo os datos publicados este luns 27 de decembro, con rexistros ata as 18,00 do domingo 26, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 246 pacientes ingresados en planta, 27 máis, aínda que os das unidades de coidados intensivos (UCI) descenden en tres, ata os 52.

De feito, a presión asistencial ascendeu nas últimas horas en todas as áreas sanitarias agás a de Lugo-A Mariña-Monforte, onde se estabilizou con 23 enfermos, dos que seis están críticos.

MENOS CONTAXIOS E MENOS PCR

No que respecta ás novas infeccións, a cifra de 2.349 detectadas nas últimas 24 horas implica un importante descenso de 429 con respecto ao día previo, cando houbo 2.778. Cabe lembrar que Sanidade notificou o sábado 3.100 infeccións, cifra marca de toda a pandemia en Galicia.

De todos os positivos notificados na última xornada, a área de Lugo-A Mariña-Monforte sumou 182 novos casos. Queda deste xeito con 2.105 contaxios activos (+128).

Para analizar o descenso da cifra de novos contaxios detectados no último día, hai que ter en conta que nas últimas 24 horas analizadas realizáronse 9.777 PCR, que son 3.801 menos que a xornada previa. Desde o inicio da pandemia, o Sergas fixo 3.248.260 destas probas.

ÚLTIMAS

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...