InicioSociedadeA Covid segue deixando cifras de contaxios récord en Lugo no día...

A Covid segue deixando cifras de contaxios récord en Lugo no día de Noiteboa

Sobe a presión asistencial, con 21 novos ingresados co coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia acumula xa tres días consecutivos superando a súa propia marca de contaxios por coronavirus, ao dispararse ata os 3.100 detectados en só 24 horas. Deste xeito, os casos activos seguen subindo ata os 22.349 e achéganse a superar a cifra máxima de toda a pandemia. Unha situación que tamén padece a provioncia de Lugo con 276 contaxiados novos. Con todo, a presión hospitalaria apenas presenta variacións.

En concreto, segundo os datos publicados este sábado 25 de novembro, día de Nadal, pola Consellería de Sanidade (con información recollida ata as 18,00 horas do venres), os ingresados con covid sitúanse en 271 en total, tres máis que unha xornada atrás.

De todos eles, soben en tres, ata os 221, os enfermos en unidades convencionais de hospitalización, mentres que as unidades de coidados intensivos (UCI) mantéñense con 50 pacientes, sen variacións. Por áreas sanitarias, a presión asistencial subiu en tres das sete, entre elas, na de Lugo-A Mariña-Monforte, con 21 ingresados (+6), cinco destes en coidados intensivos (+1).

OUTRA MARCA DE CONTAXIOS

No que respecta ás novas infeccións notificadas por Sanidade, as 3.100 das últimas 24 horas analizadas supoñen unha nova marca de toda a pandemia en Galicia, tras dispararse con 580 máis os contagios rexistrados o día previo.

De todos eles, a área da Coruña-Cee foi nas últimas horas a área máis afectada ao acumular 638 positivos novos, seguida de preto por Vigo, con 636. A de Lugo-A Mariña-Monforte tivo 276, sumando 1.740 casos activos, o dobre que hai unha semana.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...