InicioSociedadeMáis de 2.000 familias da provincia de Lugo acoden ao Banco de...

Máis de 2.000 familias da provincia de Lugo acoden ao Banco de Alimentos para afrontar o Nadal

Hai conservas, productos frescos e tamén alimentos típicos do Nadal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de 2.000 familias da provincia de Lugo acoden ao tres sedes do Banco de Alimentos para encarar o Nadal, segundo as estimacións da presidenta desta entidade, Amadora Núñez.

Segundo indicou, son máis de mil familias as que recorren a este servizo na capital da provincia, sobre 600 na sede da Mariña e unhas 400 en Monforte. Pese ao incremento de familias que acoden ao Banco de Alimentos, Amadora Núñez asegura que está “satisfeita” tras as doazóns, sobre todo de Tenreira Galega con máis de 2.000 quilos ou o “trailer” de pito comprometido por unha empresa do sector.

Ademais, destacou que tamén haberá produtos propios do Nadal, que se empezaron a repartir esta mesma semana, como son “cinco palets de tabletas de turrón”. Tamén “entre o 16 e o 17 entrará un trailer de conservas e o 21 é cando confirmaron” que lles chegará a tenreira, “a razón dun quilo ou dous quilos por familia”, sinalou. Así, comentou que para estes días vanse a repartir “froitas, verduras, leite, zumes, pito, tenreira”.

Estamos contentos para poder repartir e que todo o mundo poida ter“, subliñou a presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez. Son dous días nos que se realiza a distribución destes alimentos, os martes e os venres, lembrou.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...