InicioSociedadeA Deputación de Lugo prepárase para a neve incrementando o dispositivo de...

A Deputación de Lugo prepárase para a neve incrementando o dispositivo de seguridade

O dispositivo está composto por 112 operarios e 48 máquinas, ademais de 12 silos que conteñen 420 toneladas de sal de mina.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este xoves na Fonsagrada o Plan de Vialidade Invernal despregado polo organismo provincial para a temporada 2021-2022.

Tomé resaltou a importancia de contar cun protocolo destas características para facerlle fronte coa maior rapidez e eficacia posible ás incidencias que se poidan producir na rede viaria provincial, a máis extensa de España, tratando de garantir a comodidade e seguridade dos usuarios e usuarias fronte a episodios de meteoroloxía adversa.

No Plan de Vialidade Invernal traballarán sete empresas cunha ampla experiencia na resolución de incidencias viarias causadas pola neve e o xeo. En concreto, o dispositivo está composto por 112 operarios e 48 máquinas, ademais de 12 silos que a institución provincial ten distribuídos por toda a provincia e que dispoñen de 420 toneladas de sal de mina.

Durante a presentación, o Presidente estivo acompañado do Alcalde da Fonsagrada, Carlos López; do alcalde de Pedrafita do Cebreiro e Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo Magdalena; e do Deputado de Promoción Económica e Social e o de Recursos Humanos, Pablo Rivera Capón e Roberto Fernández Rico, respectivamente.

Tamén estiveron na presentación o alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín; o de Navia de Suarna, José Fernández Fernández; e por último o de Negreira de Muñiz, José Manuel Braña Pereira.

17,3 MILLÓNS PARA ESTRADAS NO 2022

A Deputación destina para o servizo de conservación e mantemento das estradas de titularidade provincial un importe de 5,2 millóns de euros. Neste contrato inclúense todas as tarefas necesarias para a conservación das estradas, e para a atención de emerxencias e consecuencias das inclemencias meteorolóxicas que afecten á rede viaria provincial.

A mellora da mobilidade é unha das liñas de actuación prioritarias do Goberno provincial, tal e como demostra que nos Orzamentos do ano 2022 suben de novo as partidas destinadas a estradas ata alcanzar os 17,3 millóns de euros.

APOIO AOS CONCELLOS

O Plan de Vialidade Invernal leva consigo poñer a disposición dos concellos da provincia sal de mina para que poidan atender os problemas que se produzan nas estradas municipais debido ás condicións meteorolóxicas adversas.

Estes depósitos atópanse en Ourol, O Valadouro, Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil. Cada un destes almacéns dispón nestes momentos de 30 toneladas de sal de mina, isto é dun total de 420 toneladas.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...