InicioSociedadeLugo homenaxea ao sector da enfermaría 400 anos despois de chegar á...

Lugo homenaxea ao sector da enfermaría 400 anos despois de chegar á cidade

Situouse moi preto da Igrexa de San Froilán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Praza de Ferrol da cidade de Lugo, á beira da igrexa de San Froilán, é desde este venres un lugar de homenaxe á enfermaría tras a inauguración dunha estatua en honra a esta profesión.

O descubrimento da escultura tivo lugar este venres con presenza do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, acompañados no acto pola presidenta do colexio de enfermaría de Lugo, Lourdes Carballo, e o presidente da Academia de Enfermaría, Isidoro Rodríguez.

Este último lembrou que neste ano de 2021 cúmprense “400 anos da área sanitaria da cidade“, como así o testemuñan os primeiros documentos que apuntan ao ano 1621, cando o bispo da cidade, López Galo, decidiu restaurar as torres do Conde, propiedade dos Condes de Lemos para dedicalo a hospital xeral.

Este aglutinaba a todos os hospitais que había na cidade e situouse moi preto da Igrexa de San Froilán, na Praza de Ferrol, lugar elixido para situar a escultura, que representa a unha enfermeira ofrecendo a súa man.

A acción, promovida polo colexio de enfermaría de Lugo, conforma “e recoñecemento que se lle fai á profesión, que si xa a tiñamos moi valorada antes da pandemia, a pandemia fixo ver o imprescindible que é”, sinalou a rexedora.

“É a man tendida que sempre nos atopamos no colectivo, no sector da enfermaría, desde a atención primaria ata nos hospitais e queriamos facer ese recoñecemento, no ano que a OMS declarou o Ano Internacional da Enfermaría e que en Lugo tivese o seu espazo e o seu recoñecemento”, destacou Méndez.

Así mesmo, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, subliñou que se trata de “unha homenaxe ao colectivo de choque da sanidade”, mentres que a a a presidenta do colexio, Lourdes Carballo, manifestou que con esta homenaxe quérese “representar os valores desta profesión”.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...