InicioSociedadeSeguen aumentando os casos da Covid na provincia pero a menor ritmo...

Seguen aumentando os casos da Covid na provincia pero a menor ritmo que en Galicia

Houbo só seis novos contaxiados do 136 que houbo este domingo en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia encadea dúas semanas de ascenso de casos activos de Covid-19, que alcanzan os 1.285, que supoñen 540 máis que hai unha semana, tras rexistrar outros 136 novos contaxios, que non baixan do centenar diario desde o mércores 10 de novembro. Os pacientes hospitalizados por este coronavirus soben ata o 53 –sete máis que a xornada pasada–, mentres que a taxa de positividad descende a un 3,9 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, descenden a nove –unha menos– as persoas ingresadas en UCI pola Covid en toda Galicia e aumentan a 44 –oito máis– as hospitalizadas noutras unidades, mentres que 1.232 permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, na de Lugo segue un en críticos e dous noutras unidades.

CASOS EN ASCENSO

Por décimo quinta xornada consecutiva os casos activos de Covid-19 aumentan en Galicia ata situarse nos 1.285, ao haber máis contaxios (136) que altas (29), ao que se suma un falecemento. Con respecto ao luns anterior –8 de novembro– hai 540 infeccións máis que as 745 rexistradas hai unha semana.

As infeccións activas ascenden de novo nas sete áreas sanitarias galegas, con cinco novos casos na provincia, que suman xa 124 casos.

Os novos contaxios mantéñense desde o mércores pasado por encima do centenar, con 136 no inicio desta semana, os mesmos que os deste domingo, cando hai unha semana había 54. Todos os contaxios foron detectados por positivo en Proba Diagnóstica de Infección Activa, deles seis, na de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...