InicioTerra CháCastro de ReiA auga de Castro de Rei volve ser potable tras baixar os...

A auga de Castro de Rei volve ser potable tras baixar os niveis de arsénico

O alcalde apunta que a potabilidade dáse dende hai xa quince días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os niveis de arsénico na auga da traída en Castro de Rei sitúanse xa por baixo de limítelos recomendados. Así o constatou o alcalde, Francisco Balado, que valorou a recuperación da “normalidade” no municipio tras verse obrigados a restrinxir o servizo para consumo humano en 14 parroquias hai dúas semanas.

A situación afectou a máis de 3.000 veciños, máis da metade da poboación do municipio, pero Balado destacou que “os parámetros cúmprense desde fai quince días” e “respírase tranquilidade, que é o máis importante”. O alcalde atribuíu o problema a “unha pequena avaría que supuxo que a auga bruta pasaba polos filtros sen facer o proceso de filtrado”, o que provocou “unha descompensación dos parámetros”.

“Afortunadamente emendouse a avaría e xa se pode consumir con total tranquilidade e xa se fai así desde fai un par de semanas”, reiterou Balado. Tanto é así que os “limites”, neste momento, están por baixo do aconsellado, que é de 0,10 miligramos de arsénico por litro de auga.Agora, segundo o rexedor de Castro de Rei, estes sitúanse entre “0,6 ou 0,7 miligramos”.

“É unha situación que nos produce tranquilidade e confianza para poder destinar a auga a consumo humano e poder abastecela en condicións de tranquilidade”, incidiu finalmente Francisco Balado.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...