InicioTerra CháAbadínO Sergas dá por controlado o gromo de covid que afectaba a...

O Sergas dá por controlado o gromo de covid que afectaba a oito persoas en Abadín

Fixéronse probas PCR a todos os contactos, apuntan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O brote de casos de Covid-19 de orixe familiar detectado no municipio lucense de Abadín  tras facer as probas a todos os contactos das persoas que deron positivo, confipermanece “controlado e acoutado”rmaron fontes da área sanitaria. En concreto, a área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte detectou un brote de Covid-19 de orixe familiar con oito casos confirmados na parroquia de Gontán, no municipio de Abadín.

Segundo informou o mércores o xerente da área sanitaria, Ramon Ares Rico, “nos últimos días apareceu un pequeno brote de orixe familiar no concello de Abadín, na parroquia de Gontán”, con “7-8 casos confirmados ata o día de hoxe, todos nunha contorna familiar”.

Ares indicou que se fixo “a rastrexabilidade destes casos, que están illados”. Ademais, comentou que “se seguiron todos os contactos e a contorna máis próxima a estas persoas sen que aparecesen máis casos”. Todo iso, aclarou que “ata completar o ciclo epidemiolóxico de 15 días poida aparecer algún caso máis”.

O xerente da área sanitaria de Lugo resaltou que se trata dun “brote pequeno familiar, que se desenvolve de forma illada no concello de Abadín”. Neste sentido, insistiu en que se trata de “un caso illado” e “controlado” que, concluíu, “está a evolucionar ben”.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o vacío de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...