InicioSociedadeConclúe a investigación da peza principal da Pokémon con 13 sospeitosos, entre...

Conclúe a investigación da peza principal da Pokémon con 13 sospeitosos, entre eles Liñares

O maxistrado entende que hai "indicios de delito" na concesión do servizo do guindastre por parte do Concello de Lugo á empresa asturiana Cechalva, en 2005, así como da existencia dunha Caixa B na compañía para realizar os pagos pactados por conseguir a adxudicación do servizo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo concluíu a investigación da peza principal da ‘Operación Pokemon’, que consta duns 170.000 folios, e ordena que a causa se siga contra 13 sospeitosos, entre eles o expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, que foi ata a data o primeiro condenado na trama, o pasado mes de marzo.

Segundo informou o TSXG, o maxistrado entende que hai “indicios de delito” na concesión do servizo do guindastre por parte do Concello de Lugo á empresa asturiana Cechalva, en 2005, así como da existencia dunha Caixa B na compañía para realizar os pagos pactados por conseguir a adxudicación do servizo.

En concreto, o instrutor ordenou que a causa se siga contra 13 persoas, entre elas o expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e extenente de alcalde do Concello de Lugo, por se os feitos que se lle imputan fosen constitutivos, entre outros, de delitos de suborno, violación de segredos, negociacións prohibidas a funcionarios públicos, falsidade en documento mercantil e branqueo de capitais.

Entre os outros 12 investigados inclúese a súa muller, o seu cuñado e varios empresarios. Respecto ao resto de investigados, o instrutor decretou o sobresemento e arquivo da causa.

O maxistrado acordou no auto, contra o que cabe presentar recurso ante a Audiencia Provincial de Lugo, dar traslado ao Ministerio Fiscal e, no seu caso, ás acusacións personadas para que no prazo de dez días soliciten a apertura de xuízo oral ou o sobresemento da causa, sen prexuízo de que poidan pedir, excepcionalmente, a práctica de dilixencias complementarias que consideren indispensables para formular acusación.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...