InicioSociedadeA Deputación estima que nuns meses poderá abrir dúas residencias en Meira...

A Deputación estima que nuns meses poderá abrir dúas residencias en Meira e Navia de Suarna

Na mesma xunta de goberno acordouse "a aprobación do contrato para a subministración de medicamentos veterinarios e material sanitario veterinario para a xestión sanitaria da granxa Gayoso Castro". "E aquí contamos cun importe de 26.800 euros, o prazo é dun ano que se poderá prorrogar con outro máis", detallou.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo prevé abrir nos próximos meses, entre finais deste ano e principios de 2022, dúas residencias de maiores máis nos municipios de Navia de Suarna e Meira.

A máis próxima á súa apertura será a de Meira e, tras ela, a de Navia de Suarna, tal e como destacou este venres, tras a xunta de goberno provincial, a portavoz socialista, Pilar García Porto.

Despois da reunión semanal do goberno provincial, explicouse que se aprobou a “adxudicación de tres do cinco lotes que conforman o contrato para poder dotar de equipamento ao centro de atención a maiores que vai estar aberto en Navia de Suarna”.

Porto concretou que “o que se adxudicou foi por un importe total de 186.000 euros, e son os lotes que se corresponden co mobiliario xeral, cos equipos médicos, cos xogos, co material pedagóxico e tamén coas axudas técnicas, a maiores de pequenos electrodomésticos e material de limpeza”, enumerou.

Con estas dúas residencias, a Deputación chegará ao oito centros de maiores tras o seis que ten agora abertos na actualidade en Ribadeo, Trabada, A Fonsagrada, Pol, Castroverde e Pedrafita.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Na mesma xunta de goberno acordouse “a aprobación do contrato para a subministración de medicamentos veterinarios e material sanitario veterinario para a xestión sanitaria da granxa Gayoso Castro”. “E aquí contamos cun importe de 26.800 euros, o prazo é dun ano que se poderá prorrogar con outro máis”, detallou.

“En relación coa granxa, seguimos avanzando en moitos traballos que se realizan na granxa para pór a disposición de todos os gandeiros desta provincia tanto avances tecnolóxicos, como avances en estudos médicos e sanitarios sempre en colaboración coa USC”, resaltou.

Pilar García Porto informou, ademais, de “a resolución de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, que estaban destinadas a asociacións sen ánimo de lucro que se atopan no territorio das Reservas da Biosfera; Terras do Miño e Ancares lucenses, para desenvolver e pór en valor o patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios neste ano”.

Coa “nova liña de axudas” consignáronse 83.000 euros, de subvención, a 23 “entidades que traballan nas dúas reservas, e que teñen como obxectivo desenvolver este territorio, facer actuacións e proxectos vinculados ao medio ambiente e ao medio rural, desde o mantemento de rutas de sendeirismo ou iniciativas para a difusión da biodiversidade”, destripaba finalmente a tamén deputada encargada da área de turismo na Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Ferido un motorista tras chocar contra un coche en Lugo

Un motorista resultou ferido na tarde deste pasado mércores tras chocar contra un coche...

Investigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

A Garda Civil de Lugo investiga a catro veciños de Ponteareas como presuntos autores...