InicioSociedadeBaixan os hostitalizados con Covid en Lugo pero aumentan os novos contaxios

Baixan os hostitalizados con Covid en Lugo pero aumentan os novos contaxios

A provincia ten 343 contaxiados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 aumentan a 84 en Galicia, pero seguen por baixo do centenar, mentres que os casos activos manteñen a tendencia descendente e sitúanse en 1.819 a puno de iniciarse o otiño. Os pacientes hospitalizados por este coronavirus redúcense a 79 –oito menos que a xornada anterior– e a taxa de positividade aumenta lixeiramente a un 2,8 por cento.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este mércores, con rexistros ata as 18,00 do martes, baixan a 23 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid –unha menos– e a 56 as que se atopan noutras unidades –sete menos–. Polo seu lado, hai 1.740 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria descenden  en Lugo con tres pacientes Covid en UCI –un menos– e a 13 os ingresados noutras unidades –dous menos–.

CASOS EN DESCENSO

En canto as infeccións activas volven descender en seis das sete áreas sanitarias, salvo na de Ourense, na que aumentan lixeiramente (+2). Á cabeza na baixada está a da Coruña e Cee (-43); seguida da de Vigo (-28); Lugo (-13); Pontevedra e O Salnés (-9); Santiago e Barbanza (-8) e Ferrol (-8). Deste xeito, Lugo queda con 343.

AUMENTO DE CONTAXIOS

Os contaxios de Covid-19 aumentaron a 84, o que supón 36 máis que os 48 da xornada anterior, tras arrincar a semana con 61, polo que se manteñen ao termo do verán por baixo do centenar. Do total, 20 corresponden á área de Lugo.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...