InicioSociedadeAs Anpas de Lugo critican á Xunta pola desinformación no inicio do...

As Anpas de Lugo critican á Xunta pola desinformación no inicio do curso en Primaria e Secundaria

A presidenta da Federación de Anpas da provincia de Lugo critica á Xunta por "recortar salvaxemente os itinerarios dos nenos e nenas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Federación de Anpas da provincia de Lugo (Fapacel), Isabel Calvete, denunciou un inicio de curso “movido e raro” na provincia, tanto en Primaria como en Secundaria.

Calvete lamentou “a gran desinformación que se produciu co cartón Xente Nova, da Xunta de Galicia”. “Que xa sabemos que o alumnado que vive a menos de dous quilómetros do centro non ten dereito ao transporte”, engadiu. “Todos estes anos se había prazas nos autobuses ían con carácter extraordinario, pero ían. Xa sabemos que dous quilómetros para un neno é moito”, comentou.

Ademais, a presidenta de Fapacel lembrou que “este ano se instaurou o cartón Xente Nova e os nenos téñena que levar para subirse ao autobús, pero houbo unha gran desinformación e xeráronse conflitos”. Tanto é así que apelou a “os problemas en dous colexios de Vilalba, na Mato Vizoso e no Insua Bermúdez, en que os pais non sabían a que aterse e os transportistas tampouco, creándose situacións desconcertantes”, explicou.

Así relatou, no caso dos pequenos que viven a menos de dous quilómetros do centro escolar, que “se o neno non ten praza non vai, ou non volve e agora xorde a dúbida, que quen se fai cargo deses nenos“.

“A Xunta ao final sacou unhas instrucións sobre o transporte, onde o tema queda resolto polo cartón, o que está nas pavías é se hai prazas ou non”, criticou. “Quédanos pescudar se van ter a garantía de prazas todo o ano“, dixo, para eses menores que se atopan a menos de dous quilómetros do colexio.

“COUSAS ABSURDAS”

En canto á Secundaria, Isabel Calvete tamén debullou os problemas que presenta en Lugo, “e así as materias con menos de cinco matriculados non se dan”. Sobre todo pon especial énfase en francés.

“Prodúcense cousas tan absurdas, como que en primeiro e segundo de ESO o francés é unha materia obrigatoria, pero se en terceiro ou cuarto non hai suficientes matrículas para esa materia non se dá francés. Logo se pasas ao Bacharelato de Humanidades, que facer co nivel de francés de segundo, porque ademais hai profesorado na maioría dos centros para dar esa materia. Mesmo hai profesores aos que a consellería non lles permite impartir clases”, queixouse.

Finalmente, acusou á Xunta de “recortar salvaxemente os itinerarios dos nenos e nenas”. “Isto pasa en colexios das grandes cidades e está a pasar como sempre no rural que é o gran castigado tamén destes recortes”, lamentou.

ÚLTIMAS

Interceptado en Lugo un condutor ebrio e drogado que carecía de permiso para conducir

Un condutor foi interceptado cando circulaba sen permiso de condución baixo os efectos do...

Becerreá rexistrou este sábado un terremoto de 2,5 graos de magnitude

O municipio lucense de Becerreá rexistrou este sábado un terremoto de 2,5 graos de...

Galicia, vixiante co sarampión: detéctanse en Lugo os dous primeiros casos dende 2020

A Consellería de Sanidade reforzou a vixilancia contra o sarampión despois de detectar que repuntes...

O PP de Lugo acusa ó goberno local de “improvisación” e “falta de xestión” na regularización de terrazas

O PP de Lugo acusou este sábado ao goberno local de "improvisación" e "falta...