InicioSociedadeVolven aumentar os casos Covid na provincia tras o descenso dos últimos...

Volven aumentar os casos Covid na provincia tras o descenso dos últimos días

Hai catro persoas en UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid en Galicia, é dicir as persoas que padeden a enfermidade actualmente, caeron por baixo dos 6.000, algo que non ocorría desde o pasado 13 de xullo, e mantense á baixa a tendencia no que respecta a contaxios novos diarios, mentres que sobe lixeiramente a ocupación das Unidades de Coidados Intensivos e nas camas Covid convencionais dos hospitais.

Así, segundo os datos feitos públicos este luns polo Sergas (con información solicitada ata as 18,00 horas do domingo), en Galicia hai 5.848 casos activos de Covid, 268 menos que na xornada anterior, e rexistráronse 194 contaxios novos (fronte aos 206 notificados o domingo).

Os novos casos rexistrados baixaron en todas as áreas, excepto Ferrol e Pontevedra, con lixeiros incrementos, e a área de Lugo, cunha subida máis acusada. Deste xeito, confirmáronse 63 novos contaxios nesta provincia (18 máis) co que se incrementa o número de casos activos a 1.221 casos.

PRESIÓN HOSPITALARIA

A pesar de que o número de casos activos de Covid en Galicia segue descendendo, mantense a dificultade para aliviar a presión nos hospitais. De feito, nas últimas horas esa presión subiu lixeiramente. Nos hospitais de Lugo hai 4 persoas en UCI.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...