InicioSociedadeBaixan case á metade os contaxiados na residencia de As Gándares

Baixan case á metade os contaxiados na residencia de As Gándares

Chegou a ter 77 contaxiados. Agora ten 39.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos de Covid nas residencias de maiores baixou nas últimas horas de 109 a 77, tras recibir o alta 33 usuarios do centro As Gándaras de Lugo e notificarse un novo positivo, o dun usuario de DomusVi Coruña (Oleiros).

Deste xeito, redúcese case na metade o número de contaxiados por Covid nas Gándaras, a maior residencia de maiores da provincia de Lugo, que chegou a ter 72 casos positivos da enfermidade.

Así, neste centro quedan 39 residentes con Covid, mentres que hai outros 20 na residencia García Irmáns de Betanzos. Por outra banda, quedan 11 casos na residencia San Vitorio de Baralla, 4 en Santa Marta de Vigo, un na residencia de Ribadeo, un en Santo Estevo de Perlío en Fene, e un en DomusVi Coruña (Oleiros).

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Con respecto aos centros de discapacidade, tamén se rexistrou un descenso notable no número de persoas contaxiadas, xa que recibiron o alta epidemiolóxica 36 usuarios do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela-Redondela.

Deste xeito, no centro redondelano pasouse de 48 a 12 casos; mentres que segue habendo 2 usuarios contaxiados por Covid no Fogar e Clínica San Rafael.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...