InicioSociedadeLugo, unha das provincias máis castigadas pola covid, con Monforte en nivel...

Lugo, unha das provincias máis castigadas pola covid, con Monforte en nivel máximo de alerta

Os concellos de Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón, Sober están en nivel alto e os de Outeiro de Rei, Chantada, Lugo e Begonte en nivel medio.

PUBLICADA O

- Advertisement -
O Comité Clínico dependente da Xunta decidiu declarar o nivel máximo de alerta sanitaria nos concellos de Monforte e Ordes tras o gran incremento de casos que tiveron lugar nestes municipios nos últimos días. Deste xeito, Galicia volverá contar con municipios neste ámbito, tras quedar o fin de semana pasado sen localidades nesta situación.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou destes cambios, o cal atribuíu á ponte de tres días, coa celebración de festas patronais, comidas privadas e algúns “na hostalaría”.

Por outra banda quedan en nivel alto na área sanitaria da Coruña os concellos de Fisterra, Laxe, Muxía, Betanzos, Cee, Sada, Camariñas, Vimianzo, Carral, Cerceda. Na área sanitaria de Ferrol os municipios de Pontedeume, Ares, Cariño. Na área sanitaria de Santiago, os de Melide e Trazo.
Tamén na área sanitaria de Lugo quedan en nivel alto os concellos de Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón, Sober. Na de Ourense os do Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, A Rúa. Na área de Pontevedra os municipios de Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade e na de Vigo os de Nigrán, O Rosal, e A Cañiza.
O Comité Clínico tamén deixa en nivel medio aos concellos da Coruña, Zas, Coiros, Corcubión, Carballo, Ponteceso,  Oza-Cesuras, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Miño, na área sanitaria da Coruña. Os de Fene, Narón,  Cabanas, Mugardos, Ferrol na área de Ferrol e os de Santiago, Rianxo,  Boiro, Silleda,  Santa Comba, Oroso, Porto do Son, na de Santiago.
Tamén quedan neste nivel os concellos de Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Begonte na área de Lugo; Allariz, Xinzo de Limia,  A Veiga, Ourense, O Carballiño, Verín na área sanitaria de Ourense; A Lama,  Marín,  Catoira, Caldas de Reis,  Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Bueu na área de Pontevedra e os de Vigo, Gondomar, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén.  O Porriño,  Ponteareas, Redondela, Arbo, As Neves, Tui, Tomiño na área sanitaria de Vigo.
+ posts

ÚLTIMAS

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...