InicioSociedadeLugo, a única área sanitaria onde aumentan os novos contaxios e os...

Lugo, a única área sanitaria onde aumentan os novos contaxios e os casos activos de Covid

Este martes houbo 34 novos contaxiados e 61 novos casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistrou nas últimas horas 402 novos contaxios por Covid, 45 menos que os novos casos notificados hai un día, e o número de novos contaxiados descende en todas as áreas, excepto as de Lugo e Santiago, onde repuntan lixeiramente, e Ferrol, onde se manteñen.

Segundo os datos feitos públicos este martes pola Consellería de Sanidade (con información solicitada ata as 18,00 horas do luns), na área de Lugo confirmáronse 112 novos contaxios nas últimas 24 horas (34 máis que na xornada precente).

Sobre os casos activos de Covid (persoas que padecen a enfermidade) en Galicia baixaron ata os 10.038, o que supón 373 menos que hai un día. Os descensos rexistráronse en todas as áreas sanitarias, excepto a de Lugo, onde hai 1.292 casos activos (61 máis).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Os datos publicados por Sanidade reflicten unha redución da presión hospitalaria, tanto en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) como en unidades de hospitalización convencional. Así, notificáronse 58 pacientes con Covid ingresados en coidados críticos (5 menos) e 242 pacientes en ‘planta’ (26 menos). Por áreas, na de lugo, os pacientes máis graves baixaron a 3 (dous menos).

CURADOS, FALECIDOS E PROBAS DIAGNÓSTICAS

Desde o inicio da pandemia de Covid recuperáronse da enfermidade 162.900 persoas, das que 769 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas horas. Por contra, faleceron 2.546 contaxiados.

+ posts

ÚLTIMAS

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...