InicioSociedadeUn laboratorio lucense anuncia unha técnica para facert test "máis fiables"

Un laboratorio lucense anuncia unha técnica para facert test “máis fiables”

Disporían dunha técnica de detección "máis efectiva", a través de mostras de saliva e cos resultados en menos de 30 minutos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O laboratorio Cifga, con sede en Lugo e vinculado ao grupo europeo AMSlab, e o grupo de investigación Genvip, que pertence ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), colaborarán para desenvolver prototipos de test diagnóstico de covid-19 cunha técnica –sosteñen– “máis fiable”, realizados con mostras de saliva e cos resultados listos en menos de 30 minutos.

Desta maneira, o método que se utilizaría é o Crispr, que consiste en poder modificar o ADN –cortar anacos deste– e desactivar ou reparar o xene que se desexe. Así, esta técnica sería “máis competitiva” que as actuais, segundo afirma o laboratorio Cifga nun comunicado.

Ademais, dita técnica tamén suporía maior efectividade á hora de detectar casos, posto que a sensibilidade do kit de detección melloraríase e isto evitaría os falsos positivos.

PROXECTO ANTERIOR

Así mesmo, o acordo de colaboración entre ambas as institucións xurdiu da experiencia adquirida previamente polo grupo AMSlab a través do proxecto ‘Rápida e sinxela detección molecular in-situ de SARS-Cov-2 sen requirimento de instrumentación, mediante LAMP’, que foi subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (Gain).

A través deste último proxecto citado, o Cifga asegurou que se desenvolveu un kit de detección que se atopa en fase de validación no hospital de Valdecilla, en Cantabria. Adicionalmente, a través do novo acordo de cooperación, o Cifga e o grupo Genvip pretenden “contribuír” ao crecemento da capacidade produtiva de Galicia para fabricar test de detección do coronavirus.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...