InicioSociedadeOs casos de covid dispáranse na provincia de Lugo

Os casos de covid dispáranse na provincia de Lugo

Hai xa máis de 300 casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 disparáronse en Galicia a 367, o que supón 132 máis que a xornada anterior, mentres que a taxa de positividade aumentou a un 5,8 por cento. Ademais, os casos activos seguen en ascenso e sitúanse en 2.917 –en nivel case do 26 de agosto do ano pasado– e os pacientes hospitalizados por este coronavirus descenden lixeiramente a 58 na Comunidade galega –un menos–, deles 12 continúan en UCI.

Segundo os publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, recollidos por Europa Press, a área de Lugo cun en UCI e tres noutras unidades.

CASOS ACTIVOS EN ASCENSO

Pola súa banda, os casos activos seguen en ascenso por décimo cuarta xornada consecutiva e aumentan en 2.917, que supoñen 279 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (367) que altas (87), ao que se engade un falecemento. Con respecto ao mércores anterior –30 de xuño– hai 1.244 infeccións activas máis. Deste xeito, sitúanse en niveis similares ao 25 de agosto do ano pasado, cando había 2.879.

Por áreas sanitarias, as infeccións creceron en 30 na área de Lugo, que superan xa os 300 caos e chegan a 314.

CONTAXIOS DISPARADOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 disparáronse por encima dos 300 ata os 367, que supoñen 132 máis que os 235 da xornada anterior e 205 máis que fai sete días, tras arrincar esta semana con 244. Así, continúa a tendencia iniciada o xoves 24 de xuño, cos contaxios por encima do centenar. En Lugo, os novos contaxiados foron 43.

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...