InicioSociedadeLugo aumenta a súa oferta de FP con 5 novos másteres e...

Lugo aumenta a súa oferta de FP con 5 novos másteres e 14 ciclos duais

A nova oferta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade comezará a impartirse no curso 2021-2022.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo contará con cinco másteres e 14 ciclos duais que reforzarán a oferta de Formación Profesional na provincia. A nova oferta, que comezará a impartirse no curso 2021-2022 nace dun proceso de diálogo da Xunta e a comunidade educativa, tendo en conta a oferta global de Galicia e a demanda do alumnado.

Con esta nova oferta, Lugo convértese na segunda cidade galega cunha maior oferta de másteres, por detrás de Vigo. Nesta ofreceranse como novidade Mantemento de vehículos híbrios e eléctricos e Dixitalización do mantemento industrial, no CIFP As Mercedes, Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación e Fabricación aditiva no CIFP Politécnico e Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual, no IES Muralla Romana. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou que os másteres supoñen “unha nova proposta que consolida a excelencia do modelo de FP en Galicia”.

Ademais, no CIFP Porta da Auga de Ribadeo implantarse unha formación experimental sobre a construción e mantemento de embarcacións de fibra, deportivas e de recreo. En canto á FP dual, os 14 proxectos ofertados darán comezo no IES de Foz, CIFP As Mercedes e o Polítécnico, o IES A Pinguela de Monforte de Lemos, o IES Val do Asma de Chantada, o IES San Rosendo de Mondoñedo e o CFEA Pedro Murias de Ribadeo.

En canto aos réximes ordinario e modular para persoas adultas, incorpóranse seis novos ciclos que suman 136 prazas na provincia, en total 4.220 prazas en 165 ciclos e programas formativos dispoñibles na provincia.

O prazo de solicitudes estaña aberto ata os días 2 ou 5 de xullo, dependendo da modalidade escollida, e cuxo calendario se pdoerá consultar detallado no Portal de FP. 

ÚLTIMAS

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...

Terremoto político no PSOE de Lugo: María Reigosa dáse de baixa como militante, pero o alcalde di que segue no grupo

A concelleira do Concello de Lugo María Reigosa pediu a baixa como militante do...

‘360 curvas’: o documental que conta a loita do pobo da Fonsagrada contra o illamento

A loita dun pobo galego contra o seu illamento e o éxodo rural son...

Xulgado en Lugo un home acusado de tentar secuestrar e forzar o matrimonio dunha menor de Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo levou a xuízo este martes a un home de...